dc.contributor.author
González Fernández, Helena, 1967-
dc.date.issued
2013-01-21T10:02:05Z
dc.date.issued
2013-01-21T10:02:05Z
dc.identifier
https://hdl.handle.net/2445/33446
dc.description.abstract
A figura auroral de Rosalía de Castro autorizou a aparición de novas poetas a finais do século XX mais, paradoxalmente, a partir da publicación dos seus libros fundacionais non xurdiu unha lexión de autoras que desde Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880) escribisen incesantemente a nación, ou simplemente, escribisen incesantemente en galego e tivesen por iso un recoñecemento canónico. Sen dúbida a intervención do patriarcado
galeguista provocou esa interrupción, que se entende mellor cando se teñen
en conta os condicionantes socioliterarios que coutaban as mulleres escritoras (González Fernández, 2005: 15-19). Porque a finais do século XIX, e malia excepcións rechamantes, o pensamento hexemónico
consideraba que as literatas eran unhas sabias ridículas, tal como se
sancionara desde o coñecido capítulo V do Émile, ou l’Education (1762) de
Jean Jacques Rousseau en diante, aínda que houbese, por suposto, voces
disidentes entre os seus contemporáneos, como Benito Jerónimo Feijoo no
seu moi lido discurso XVI, Defensa de las mujeres, do seu Teatro crítico universal
(1726). Nese sentido depreciativo do termo debe lerse o coñecido artigo de
Rosalía de Castro, Las literatas. Carta a Eduarda (1865). Por outra banda, no
emerxente discurso nacionalista que vai do XIX ao primeiro terzo do XX
opérase unha corrección misóxina que afecta á concepción sexuada da
nación. Se Murguía seguira a Renan na súa defensa do carácter esencialmente feminino dos pobos celtas, unha idea moi espallada naquela...
dc.format
application/pdf
dc.publisher
Centro de Estudos Galegos Tübingen
dc.relation
Reproducció del capítol publicat a: http://www.uni-tuebingen.de/kabatek/galego/rosaliatexto.pdf
dc.relation
Kabatek, Johannes ; Rivas, Aitor (coords.) (2011). Rosalía. Voces galegas e alemás. Tübingen: Centro de Estudios Galegos, Universität Tübingen. ISBN 978-3-00-033374-3. (p. 69-88)
dc.rights
cc-by-nc-nd (c) González Fernández, 2011
dc.rights
http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/
dc.rights
info:eu-repo/semantics/openAccess
dc.source
Llibres / Capítols de llibre (Grup de Recerca Creació i pensament de les dones)
dc.subject
Dones en la literatura
dc.subject
Personatges literaris
dc.subject
Women in literature
dc.subject
Characters in literature
dc.subject
Castro, Rosalía de, 1837-1885
dc.title
Rosalía de Castro, sombra que se fai teoría
dc.type
info:eu-repo/semantics/bookPart
dc.type
info:eu-repo/semantics/publishedVersion