2019-12-11T10:03:18Z
2019-12-11T10:03:18Z
2004
2019-12-11T10:03:18Z
Teño para min que a devoración é un dos perigos que espreitan na actualidade ás teorías feministas. Devorar sen valorar e debater de vagariño as rodeiras que se foron abrindo desde os anos 70. Devorar e superar todo aquilo que remita a etapas de infinitas e evidentes carencias no que atinxe á situación das mulleres na sociedade, no imaxinario, na gramática... para acadar a lume de carozo estadios de normalidade aparente, é dicir, arrumbando os estudos feministas como espacios de discusión epitelial ou de pensamento feble, e deixándose levar pola sensación de que os retos marcados nestas tres últimas décadas son xa proba superada. Devorar e pasar a outra cousa deixándose guiar por un desexo de innovación e diferenciación nas posturas teóricas que podería levar ao pensamento feminista a esquecer, ou cando menos, a desprazar a un segundo plano, o que ten de postura política real e comprometida (e non só como declaración avant la lettre). Con isto non pretendo facer aquí unha declaración saudosa do estilo "calquera tempo pasado foi mellor", senón todo o contrario, porque os feminismos son discursos e posicións dinámicas, polo tanto o tempo presente é moito máis intenso e interesante. Agora ben, as novas propostas só poden avanzar se manteñen a compoñente de compromiso e debate, e desde logo os máis afoutos, os que realmente están aportando elementos novos ao debate, así o fan.
Article
Published version
Spanish
Ressenya de llibres; Crítica literària feminista; Book reviewing; Feminist literary criticism
GRC Creació i Pensament de les dones del Centre Dona i Literatura (UB), GRC Cos i Textualitat (UAB)
Reproducció del document publicat a: http://revistes.ub.edu/index.php/lectora/article/view/7098/8961
Lectora, 2004, num. 10, p. 439-441
cc-by-nc-nd (c) González Fernández, Helena, 1967-, 2004
http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es